
A suspensión desta emblemática festa, engadese tamén a do Campamento de Semana Santa e o adiamento de actividades como a Marcha BTT da Lamprea, a V Andaina da Lamprea, a Gala da Lamprea e o VIII Certame de Corais.
Horacio Gil quere adiantarse aos acontecementos polo que avanza que “unha vez que saiamos desta crise sanitaria”, o Concello de Arbo reunirase con todos os sectores afectados por esta crise “e valoraremos cantas iniciativas sexan necesarias, dentro das posibilidades e competencias municipais, para axudar á dinamización da economía local e para favorecer a recuperación e reactivación económica do noso Concello”.
Dente hggtonline.com animamos a todos os galegos que cando se termine esta cirse sanitaria se desprecen a Arbo para degustar a lamprea porque aínda que se acabe a tempada deste ciclóstomo milenario para comela en freco á brodelesa e a arbense, sempre queda a lamprea rechea, un fiame igualmente delicioso.