A Xunta recoñece o papel da cociña tradicional como reclamo turístico

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, reivindicou este martes a importancia de que a importancia de que a tradición culinaria galega se estea a transmitir de xeración en xeración para que Galicia continúe a medrar como destino enogastronómico. 

Neste sentido, recordou o potencial da Comunidade galega como destino enogastronómico, con máis de 2.000 recursos asociados á gastronomía, desde pequenos produtores ou explotacións gandeiras, ata lonxas, mercados de abastos ou restaurantes, así como un gran patrimonio inmaterial como as máis de 300 festas enogastronómicas galegas, entre outros recursos.

O conselleiro fixo estas declaracións no transcurso dos actos da asamblea anual da Asociación Restaurantes de Buena Mesa, entidade con socios de toda España que se distinguen por pertencer desde a súa fundación a unha mesma familia e por defender a cociña tradicional.

Durante o acto, o concelleiro de Cultura e Turismo recibiu a insignia de ouro desta entidade recordando a importancia que o sector galego tivo á hora de obter este recoñecemento. Puxo en valor aos profesionais por ser “dignos herdeiros dos sabores auténticos e dos saberes culinarios transmitidos de xeración en xeración”, tendo en conta que en Galicia a gastronomía é entendida por moitos profesionais como un xeito de regresar ás orixes sen renunciar á profesionalización e vangarda.