A campaña #eucambiodedata anima a solidarizarse co sector turístico

Ante o duro golpe que supón o estado de alarma, a asociación de Profesionais do Turismo de Galicia (PROTURGA) impulsa a campaña #eucambiodedata, que anima á sociedade a cambiar as reservas que tiveran para estas datas en lugar de cancelalas. 

Trátase de solidarizarse coas pequenas e medianas empresas que forman o tecido empresarial do turismo en Galicia,  que afrontan con este período de cuarentena un duro golpe e que de seguro agradecerán un aumento da demanda cando cheguen tempos mellores. 

Dende Proturga acompañan a campaña cos hashtags #euapoiooturismogalego e #euviaxoporgalicia, animando igualmente a apostar este ano polo turismo interno cando remate o estado de alarma para apoiar ás empresas galegas en situación de dificultade. 

A campaña estase distribuindo a través de redes sociales e pretende crear unha Rede de solidariedade co turismo galego.