Sarria réndese unha vez máis ante o cocido de porco celta

O concello de Sarria protagonizou esta fin de semana unha das primeiras grandes exaltacións gastronómicas do ano, cunha XI Festa do cocido do porco celta na que participarón uns 850 comensais. 

Unha cita que ademais de encher o recinto, conquistou a persoiros como o presidente do Tribunal Constitucional, Juan José González Rivas, encargado dun pregón no que definiu ao cocido como "un dos grandes embaixadores" de Galicia e ao porco ceta como o "gran canciller" da nosa cociña. 

Paralelamente á degustación celebrouse FIPORCO, cuarta edición dunha feira na que os produtores locais de porco celta deron a coñecer as súas carnes e embutidos, acompañados doutros posots de queixos, doces ou mel da comarca. 

Por alí pasou tamén o presidente da Deputación lucense, José Tome, reivindicando a feira e destacando que “dende a Deputación apostamos polos produtos autóctonos e de calidade e este evento é unha boa oportunidade para poñer en valor este produto que xera tanta riqueza na nosa provincia”. Ademais, o Presidente resaltou a alta participación de xente nesta feira, “que dá mostra da importancia que ten esta cita na comarca e en toda a provincia. Estamos nun evento consolidado dentro das citas gastronómicas de Lugo”.