Ourense comprométese coa Noite das Bruxas de Montalegre

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome e o seu homólogo de Montalegre (Portugal), Orlando Alves, acaban de comprometerse para estreitar lazos culturais e comerciais entre as dúas cidades, nun acordo que inclúe a divulgación de eventos singulares como a "Noite das Bruxas" que celebran os portugueses cada venres 13, congregando 40.000 persoas. 

Así, Pérez Jácome adiantou que o 3 de marzo se celebrará unha roda de prensa en Ourense para anunciar a próxima noite meiga de Montalegre, un evento co que pretenden aproveitar sinerxias e relanzar a procesión do medo que se celebrará en Ourense o 31 de Octubre, e que segundo o consistorio "vai camiño de converterse nun clásico" da súa programación cultura e social.

O presidente da cámara de Montalegre, Orlando Alves, celebrou "os lazos de cooperación e cercanía tranfronteiriza" entre as dúas cidades e comprometeuse a estar "á disposición de Ourense en todas as iniciativas que se celebren a un lado e ao outro".