O butelo, rei da montaña en Fonsagrada

Esta fin de semana a localidade lucense da Fonsagrada celebrará a súa XXII Fira do Butelo, rendendo homenaxe gastronómico a este catacterístico embutido elaborado a base de costela e coiros de porco. 

Na feira instalaranse 63 postos de venta de produtos cárnicos, estando representadas as tres industrias da Fonsagrada dedicadas a este embutido de montaña. Está previsto que se vendan uns 5.000 quilos de produtos cárnicos, nunha fin de semana na que a hostalería xa está a tope de reservas.

A carpa, instalada na Praza do Concello, abrirá o 15 e o 16 de febreiro de 10.00 a 20.00 horas. O domingo, ás 12.30 horas, actuará o grupo de música tradicional Illa Pancha e ás 13.00 horas será a entrega da distinción Butelo de Ouro, que este ano recae en Gumersindo Rego Fernández; ás 13.30 horas terá lugar actuación da Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros.

Durante a presentación do evento a deputada provincial, Pilar García Porto, asegurou que se trata “dunha cita que axuda a reforzar as nosas raíces e a nosa cultura” e que se diferencia por ser unha experiencia única da provincia lucense.“Esta é unha iniciativa que encaixa perfectamente co turismo de experiencias que dende hai tempo promocionamos dende a Deputación de Lugo. Algo único, que só temos aquí e que nos diferencia cara os visitantes”, dixo Pilar García Porto.