Hoxe empezan as visitas guiadas os xardíns do castelo de Soutomaior


Este martes, 4 de febreiro, arrancan as visitas guiadas aos xardíns do castelo de Soutomaior centradas na camelia. Aproveitando a etapa de floración desta flor de inverno, a iniciativa estenderase durante os meses de febreiro e marzo.

Deste xeito, unha persoa especializada encargarase de guiar ás persoas asistentes polos xardíns, declarados de Excelencia Internacional en Camelia, explicándolle as características da flor, amosando as variedades máis representativas, a súa orixe, historia, os usos e coidados que require a vida da planta.

En concreto, haberá dúas modalidades de rutas: as visitas guiadas temáticas solo a xardíns celebraranse os martes e xoves ás 12 horas, e as sesións que inclúen o castelo e os xardíns tamén se levarán os martes e xoves pero ás 16 horas. As persoas interesadas en participar poderán adquirir as entradas tanto de forma presencial coma na páxina web https://entradas.castelodesoutomaior.com/.