Achega de Deputación de Lugo ao sector pesqueiro lucense


Co obxetivo de impulsar o sector pesqueiro lucense, a voceira provincial socialista e Deputada de Turismo, Pilar García Porto, e o presidente Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo, José Basilio Otero Rodríguez, asinaron un convenio de colaboración.

Así,  institución provincial achega preto de 8.500€ para acadar os seguintes fins: pago de cotas anuais de pertenza a Consellos Consultivos Europeos e á Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, así como o impulso de accións de divulgación. 

A Federación de Confrarías de Pescadores xestiona e coordina os intereses comúns das seis confrarías de pescadores de Lugo, destacando principalmente o traballo de divulgación dos últimos anos a través de as campañas de promoción Mar de Lugo nas que se fai unha promoción da pesca artesanal buscando distinguir un produto de primeira calidade e os métodos de traballo tradicionais.