A Xunta potencia Galicia Calidade como marca de referencia para os produtos do agro

O conselleiro do Medio Rural, José González, xunto co director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, reuniuse no Pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón) cos presidentes de diferentes consellos reguladores de produtos agroalimentarios con indicativo de calidade. 

O obxectivo deste encontro foi explicarlles as últimas decisións adoptadas pola Xunta para potenciar a marca Galicia Calidade, co fin de que o sector agroalimentario galego reforce a súa competitividade nos mercados.Neste sentido, o conselleiro indicou que, tal como se acordou no Consello da Xunta da pasada semana -dedicado case en exclusiva ao medio rural-, a industria agroalimentaria galega reforzará a súa presenza neste selo para gañar esa competitividade. 

Así, José González salientou que a partir de agora este será un selo que englobará, identificará e potenciará os produtos galegos con denominación de orixe, indicación xeográfica protexida ou que cumpran requisitos de excelencia en produción ou transformación.Galicia Calidade amparará tamén os produtos derivados das razas gandeiras autóctonas galegas, dándolle así un valor engadido a estas producións, así como o selo Galega 100%, que recoñece e distingue o leite de calidade diferenciada producido nas explotacións leiteiras da nosa comunidadee o selo pescadeRías. 

Nesta liña, o conselleiro subliñou que o obxectivo da Xunta para este ano 2020 é dar a coñecer este novo impulso, mediante un plan de acción estratéxico dirixido a prescriptores nacionais e internacionais, cun calendario que se estruturaen tres chanzos -galego, nacional e internacional-. Esta planificación culminará no vindeiro mes de xuño co “I Congreso Internacional de Galicia Calidade”, que permitirá aos expertoscoñecer empresas galegas representativas do rural e afondar no concepto da Dieta Atlántica, que será a punta de lanza para transmitir e poñer en valor o carácter saudable da nosa produción. 

Por último, González explicou aos presidentes dos consellos reguladores que Galicia Calidade vai ser, ademais, unha aposta transversal e de implicación máxima da Xunta que se enmarca na Galicia Verde, a Galicia Innovadora (formación e investigación), a Galicia Moza e a Galicia Familiar.