A D.O. Valdeorras implanta a aplicación miniconsejo.com

O Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras aprobou a implantación da aplicación miconsejo.com coma medio válido para os fluxos de comunicación que se realicen entre o C.R.D.O. e as adegas que o integran, tanto para a recepción de solicitudes e resolucions como para a comunicación de non conformidades, resolucións de solicitudes, retiradas de certificación, certificacións de produtos ou novos produtos. 

Trátase dun software específico, a través dunha app deseñada ad hoc que operará coma un xestor de contidos cun sistema de comunicacións via enderezo electrónico e un sistema de notificacións para iOS e Android. 

Segundo destaca o presidente do organismo, José Luis García Pando, a aplicación permitirá “axilizar os trámites e fará transitar ao Consello Regulador pola senda da transformación dixital”. Ao tempo, engade, posibilitará “que se achegue a información en tempo real, o que suporá un verdadeiro salto cualitativo na comunicación entre os diferentes axentes que conforman o C.R.D.O. Valdeorras”.