"Ourense no Camiño" mesturará audiovisual e música

O proxecto "Ourense no Camiño", desenvolvido grazas ao apoio económico da Deputación de Ourense, ten como obxectivo mesturar audiovisual e música e os concellos polas que discorren. 

O vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, destacou  que esta iniciativa "é un documento gráfico e sonoro que pon de relevo a tradición e a importancia dos camiños xacobeos na nosa provincia" e que nos achega "unha visión global destas rutas". No acto, o vicepresidente estivo acompañado pola produtora executiva do proxecto, María del Carmen González, e polo director artístico, Xabier Vaz.

"Potenciar os camiños da provincia de ourense e dar a coñecer a riqueza cultura e histórica dos concellos polos que pasan" é a finalidade desta proposta, afirma María González, que culminará cunha serie de concertos e coa edición dun vídeo promocional referido aos municipios participantes, eventos que se celebrarán a partires do verán de 2020 e ao longo de 2021. 

"Trátase de vivir, coñecer e degustar a provincia de Ourense a través da imaxe e da música, unida aos seus Camiños", remarca María González. O proxecto conta na súa parte musical con temas orixinais "nos que levamos traballando dous anos", explica Xabier Vaz, quen subliña que esta iniciativa pretende "ofrecer concertos dentro e fóra da provincia de Ourense, para levar por diferentes ámbitos territoriais o que supón a tradición xacobea no noso territorio desde o medievo ata a actualidade".