Os cantos de taberna voltan á hostalería de Lugo

Os establecementos hostaleiros da Rúa da Cruz relanzan este sábado a tradición dos cantos de taberna. Este costume, que sigue presente no sur e no leste da provincia, xurdiu de xeito espontáneo a mediados de século e desapareceu contra finais dos setenta, coa aparición de carteis que lían prohibido cantar. 

A iniciativa de recuperar os cantos de taberna xurdiu mercé a xuntanza da responsable de O Castor co rexente do Las Cinco Vigas, os máis novos na Rúa da Cruz, e outrora compañeiros. Convencidos da necesidade de facer cousas novas para mellorar as perspectivas de negocio durante o inverno, atoparon a colaboración do Bulló e entre os tres puxeron de acordo ao resto de locais que participarán dos cantos de taberna (Millenium, Karrusel, People e A Tasca).

Será a partires das 20.00 horas, con sete locais animados pola música e o canto de catro agrupacións.