
O obxectivo das axudas, enmarcadas no Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, é potenciara comercialización de produtosagroalimentariosnos mercados municipais e prazas de abastos, que serven de dinamización económica e social dos territorios. Os consumidores valoran tanto o trato persoal recibido como a calidade e a proximidade dos produtos que mercan e a finalidade é mellorar a experiencia do usuario cunhas infraestruturas renovadas.
Poderán beneficiarse destas achegasos concellos galegosque pretendanrehabilitar ou reformar mercados ou prazas de abastos de titularidade municipal. Subvencionaranse as obras que afecten á estrutura da edificación, a habilitación de espazos de uso común ou instalacións de uso colectivo dentro dos inmobles. Tamén se poderá recibir axuda para facer fronte á redacción do proxecto eá dirección de obra, ata un máximo do 12% dos custos subvencionables.
O prazo de presentaciónde solicitudesé de 45 días naturais a contar desde mañá.Os concellos interesados deberán complementar a solicitude co proxecto de obra que queiran acometer e remitilo todo exclusivamente por medios electrónicos.
As subvencións convócanse en réxime de concorrencia competitiva. Os criterios de baremación atenden á localización xeográfica da obra, á boa xestión acreditada polas entidades locais e ao contido das actuacións propostas.Os seleccionados recibirán unha porcentaxe de axuda do 80% dos custos subvencionables, ata un máximo de 50.000 euros.