Lalín presenta a Feira do Cocido en Vigo


O alcalde de Lalín, José Crespo Iglesias, a concelleira de Turismo, Begoña Blanco, e Pablo Louro, delegado de Gadisa en Pontevedra, presentarán a 52ª Feira do Cocido lalinense, festa de Interese Turístico Nacional, que terá lugar o vindeiro 16 de febreiro. Asistirán outros patrocinadores do evento, entre os que se atopa Gadis. 

Na capital dezana xa arrancou o XXII Mes do Cocido “De San Amaro a San Valentín, Mes do Cocido en Lalín”. Nestas semanas, 24 restaurantes da localidade ofertan 3.600 prazas para degustar o tradicional prato da gastronomía galega.