HILO DIRECTO con... Begoña Blanco, concelleira de Turismo de Lalín

Este xoves comezou oficialmente o mes do cocido de Lalín, que se promocionará por toda Galicia antes de que chegue o día grande o vindeiro 16 de febreiro. A primeira parada foi en Vigo, e nós aproveitamos para falar coa súa concelleira de Turismo, Begoña Blanco. 

Xa estamos no mes grande do cocido de Lalín?

Xa comezou o mes do cocido, que vai dende San Amaro a San Valentín, dende o 15 de xaneiro ao 14 de febreiro. É o mes máis intenso, donde se promociona o cocido contando con todos os hostaleiros de Lalín, aínda que se poida comer durante todo o ano e sobre todo dende outubro hasta abril, no tempo de máis frío. 

E vides ata Vigo por se alguén aínda non coñece a festa...

O que estamos facendo é promocionalo por diferentes sitios, nas catro provincias: Viveiro, Santiago, Vigo, Coruña… e tamén estaremos en Madrid, en FITUR. A xente das Rías Baixas casi é da xente que máis vén o día propio do cocido, disfrutan moito. A nivel Galicia a verdade é que é moi coñecido, decir cocido e decir Lalín é case unha simbiose. 

Pero a idea é que se pode acudir a degustar o cocido outros días ademáis do da festa...

De feito para o día grande adoita estar reservado. Nós dende o concello temos un listado dos hostaleiros que colaboran connosco, e quizais sexan os máis recomendados, porque es esiximos unha certa calidade. De feito este ano, unha das diferencias será que contrataremos unha empresa específica para que valore aspectos de calidade: o tempo no que se sirve, a calidade do produto, a limpeza do propio restaurante… 

Qué diferencia ao cocido de Lalín?

Diferénciase un pouco doutros cocidos polos productos que temos alí. Lalín é un sitio moi frío, préstase moito por exemplo o grelo, que ten un sabor diferente. Despois o pan, as patacas, as sobremesas… Os restaurantes adoitan ter horta propia, facer eles a propia matanza, criar eles a carne e afumala…