Fisterra quenta motores para a súa Semana Santa


En Fisterra xa teñen todo preparado para a súa gran Semana Santa, celebración relixiosa declarada de Interese Turístico Nacional que combina a exhibición de imaxes seculares con representacións teatralizadas nas que participan ata 300 figurantes. 


Acaban de presentar o cartel deste ano e o vídeo promocional, que anticipa escenas dignas de ver como a Última Cea ou o Desencravo na igrexa románica de Santa María das Areas. Aínda que dentro do nutrido programa destaca especialmente o Domingo de Pascua, cando os veciños botan o resto coa representación da chegada das desconsoladas mulleres ao sepulcro e o anuncio da Resurreción por parte do anxo. Un momento que desencadea unha verdadeira explosión de xúbilo entre os presentes: repican as campás, sóltanse pombas, bótanse fogos de artificio… Alegría desbordante que culmina coa danza dos paos na honra da Virxe María, unha danza tradicional que se remonta ao s.XIII.

Será sen dúbida unha vez máis o punto álxido dunha tradición secular, poñendo a guinda a un competo programa que irá dende o 3 ao 13 de decembro.