Deputación da Coruña solicita a comparecencia no xuízo para a recuperación do Pazo de Meirás

A Deputación da Coruña solicita a participación no xuízo para a recuperación do Pazo de Meirás como ben público que se iniciará este venres coa vista previa e o acto de conciliación e está á espera da resolución que permita a súa comparecencia.

Cun documento en que se contempla a relación da institución cos feitos xulgados, a Deputación da Coruña solicitou no xulgado de primeira instancia Nº 1 da Coruña, poder comparecer como parte no xuízo que se inicia este venres encamiñado á recuperación do Pazo de Meirás como ben público. O xulgado deu tamén traslado da solicitude ás demais partes que comparecen no xuízo.