Blogtripp do Botelo este fin de semana en O Barco

Este fin de semana a “boteloneta” porase en marcha para recorrer O Barco e diversos puntos da comarca de Valdeorras para dar a coñecer o botelo a xornalistas e expertos gastronómicos. Este ano estarán por terras do botelo xornalistas que traballan en medios de comunicación en Madrid e tamén profesionais galegos. 

O obxectivo desta actividade do programa da Festa do Botelo é a promoción e comunicación en redes sociais e medios de comunicación do produto Botelo de O Barco e o seu entorno turístico-cultural. 

A actividade realizarase este fin de semana, anterior á XX Festa do Botelo do Barco, para promover o seu coñecemento e que o público se achegue á vila, a fin de semana que ven, a degustar o produto nos restaurantes e que disfruten do ambiente festivo coa comida, os actos e os cantos de taberna, etc. 

Ademais aproveitarasepara a promoción turística e cultural da vila barquense e da comarca en xeral. Este ano a novidade é o inicio da promoción do botelo na capital de España para espertar o gusto por este produto de cara a futuras accións en Madrid.