AROUSA NORTE e a Asociación Amigos do Camiño “ A Orixe” promocionarán conxuntamente a nova ruta

A asociación Amigos do Camiño de Santiago –Barbanza “A Orixe” reuniuse esta tarde cos alcaldes e persoal técnico da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte co fin de establecer unha coordinación e plan de traballo en relación ás accións previstas do Camiño de Santiago do Barbanza “ A Orixe” 2020.

Desde a entidade supramunicipal apostan pola implicación dos colectivos asociativos da comarca como principais actores que interveñen no territorio. Nesta ocasión desde a asociación encargaránse de achegar os distintos percorridos que compoñen este camiño a través dunha exposición que xa estivo presente nos municipios de Riveira e na Pobra do Caramiñal e que nos vindeiros meses tamén chegará aos concellos de Boiro, Rianxo, Dodro e Padrón.

Como acción prevista tamén se contempla a realización dunha peregrinaxe por etapas, así como a realización da sinalización completa do camiño.

Todas as accións previstas contará coa promoción e difusión que se realizará desde Arousa Norte co fin de consolidar e promover este Camiño como unha ruta de peregrinaxe.