Aberto o prazo para facer reservar as rutas fluviais en catamarán na Ribeira Sacra 2020

As persoas interesadas en gozar das rutas polo río Miño ou polo Canón do Sil nesta tempada de 2020 poderán facer a súa reserva a través da Central de Reservas, na que poderán gardar ou comprar billetes, así como solicitar todo tipo de información. 

Xa está aberto o prazo para facer reservas nas rutas fluviais en catamarán na Ribeira Sacra, que comezarán a funcionar o día 4 de abril, isto é, o sábado anterior á Semana Santa. 

Pódese facer online as 24 horas en reservas.rutasembalses.es; ou ben de luns a venres, de 09:00 a 14:30 horas, no teléfono 982.260.196 e no email catamaranes.turismo@deputacionlugo.org. No Pazo de San Marcos, concretamente na primeira planta, onde se atopa o departamento de Turismo, profesionais da Deputación tamén atenden persoalmente a todos e todas os interesados.

A Deputada de Turismo destacou así mesmo que o número de viaxeiros nas rutas fluviais continúa medrando. Na tempada de 2019 subiu un 5%, co que o número total ascendeu a preto de 62.000 persoas.