Nesta liña sinalou que a promoción dos produtos de proximidade e de calidade é unha parte esencial desa responsabilidade corporativa, que redunda ademais na sustentabilidade da produción agropecuaria e no respecto ao medio ambiente.
Lembrou, así mesmo, que as esixencias da sociedade son cada vez maiores, no que atinxe a eidos coma os produtos ecolóxicos, o concepto de quilómetro cero, a información nutricional ou os ingredientes saudables. Por iso, o director xeral destacou que o feito de amosar e destacar o leite producido en Galicia, por parte de VegalsaEroski, facilitará o seu acceso aos consumidores que teñen en conta a procedencia dos produtos.