A Terraza de Sada, declarado Ben de Interese Cultural

O Consello da Xunta aprobou o decreto polo que se declara ben de interese cultural (BIC), coa categoría de monumento, a Terraza de Sada, na Coruña. Trátase dun ben singular de Galicia polos seus valores culturais e representa un caso único de conservación entre os inmobles modernistas desta tipoloxía e función, de lecer, na Comunidade autónoma. 

A partir da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia (DOG), a terraza contará cun réxime que implicará a súa máxima protección e tutela, polo que a súa utilización quedará subordinada a que non se poña en perigo o monumento.Esta declaración tamén implica o acceso de visitantes un mínimo de catro días ao mes durante, polo menos, catro horas ao día. 

Deste xeito, por outra banda, dase un paso máis na salvagarda e posta en valor do patrimonio cultural da comunidade, traballando na protección daqueles elementos que acreditan valores culturais singulares.

A Terraza de Sada é un testemuño único e singular dos pavillóns, quioscos modernistas típicos dos anos 20. En concreto, empezouse a construír en 1912 no recheo do paseo de Méndez Núñez, en A Coruña sobre un deseño probablemente do arquitecto Antonio López Hernández e trasladouse á praia urbana de Sada entre os anos 1919 e 2020.