A ICC Week apúntase ao fenómeno dos eSports

A Semana das Industrias Culturais e Creativas "Ourense ICC Week" 2020 sumará este ano probas de simracing con simuladores de Gran turismo Sport e Fórmula 1 DIRT Rally 2.0, sumándose ao fenómeno crecente dos eSports. 

Entre o 11 de febreiro e o 5 abril sucederanse terán lugar as probas competitivas destas especialidades de MundoGT, o 31 de xaneiro pecharanse as inscricións para os campionatos e o 11 de febreiro terá lugar a primeira das carreiras. Haberá catro retransmisións por semana e outros contidos, e o 23 de marzo disputarase a última das carreiras. Finalmente, entre o 3 e o 5 de abril terán lugar as finais de SCE, SF1 e SCR no Liceo de Ourense.

A vetusta #SCE Supercompetición de Escuderías Gran Turismo renóvase cun formato que promete ser máis intenso e que aglutinará un maior número de espectadores. Haberá un grupo único con 14 escudarías que presentarán a un piloto na carreira dos martes e outro piloto na carreira dos xoves, que ademais será coa parrilla invertida, imprimindo espectacularidade en pista. Tras as 6 semanas de competición, os equipos do TOP5 serán os finalistas. Cada retransmisión virá precedida da carreira da División de Ouro. Serán en total 12 noites de simracing. A #SF1 será a mellor versión virtual da competición raíña no automobilismo. Volven as carreiras de SF2, con 6 grandes premios, para que as 5 escudarías con máis puntos acaden unha praza para a final de Ourense.

A #SCR Supercompetición de Rally, porá a proba aos mellores pilotos tramo a tramo, e tamén haberá probas de Rallycross. Da fase online sairán os primeiros clasificados, e en Ourense disputaranse as últimas prazas para competir aquí na gran final. Haberá 30 retransmisións en directo, que se poderán seguir nas canles de MundoGT e ademais se emitirán en Movistar eSports en directo, e en diferido en uBeat de Movistar+. Todas as semanas haberá un seguimento na web AS eSports, AS Motor e MomentoGP.