
Alí daranse a coñecer máis polo miudo os vídeos promocionais que, segundo adiantou a presidenta Carmela Silva, "non van deixar a nadie indiferente"; audiovisuais e gráficos que "falan da provincia como ninguén o fixo antes", engadiu.
Unha campaña basada no emoturismo, turismo de emocións, cun eixe temático centrado na natureza e na sostenibilidade, porque "non buscamos un turismo de masas", precisou Silva; unha campaña cun punto provocador, con mensaxe, discurso e emocións...no que están presentes todas as comarcas do destino e no que a protagonista, a actiz Celia Freijo, irá percorrendo diferentes paisaxes e escenarios e describindo as emocións que lle evocán. "Se a xente quere lembrar natureza ten que vir aquí", salientou a presidenta. Detente e mira, goza das experiencias, ven sendo a mensaxe que se quere transmitir.
Nun segundo video os embaixadores serán deportistas de élite. En distintos escenarios irán desfiuzando a importancia da natureza como escenario para a práctica deportiva.
Para rematar, Carmela Silva anunciou un agasallop ara aos asistentes á presentación, "natureza en estado vivo, un anaco de mar e montaña", unha edición inicial limitada de 500 unidades que unidas formarán unha obra de arte", dixo.