
Carmela Silva salientou que estas actividades "son un elemento de atracción dese turismo de natureza, sostible e respectuoso co medio ambiente que queremos promover". Neste eido, "Voando nas Rías Baixas" trátase dunha iniciativa impulsada xunto a SEO Birdlife e enmarcada no seo das propostas lanzadas ao abeiro do Plan Estratéxico de Turismo para internacionalizar e desestacionalizar o destino provincia de Pontevedra. Con estas visitas, "daremos a coñecer o gran potencial da nosa provincia para a observación de aves en paraxes espectaculares e, ao mesmo tempo, sensibilizaremos á veciñanza sobre a necesidade de protección destes espazos", subliñou Silva quen aproveitou a ocasión para animar á xente a formalizar a inscrición nas rutas no momento de apertura do prazo "xa que se esgotan en menos de 24 horas".