
O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a resolución que indica que os beneficiarios poden ser calquera agrupación que reúna a produtores amparados por un réxime de calidade. As actividades subvencionables serán todas aquelas que pretendan dar a coñecer un produto cun selo de calidade diferenciada para fomentar o seu consumo.
Deste xeito, deberán resaltarse as características ou as vantaxes específicas destes alimentos como a súa calidade, os seus métodos específicos de produción ou as estritas normas aplicadas para garantir o benestar dos animais e o respecto do ambiente vinculadas ao programa de calidade de que se trate.