A AECT Río Minho planifica actuacións tranfronteirizas conxuntas

Ante o proceso de planificación estratéxica para o río Minho Transfronteiro 2030, a AECT Río Minho reuniuse coa secretaria de Estado de Valorización Interior de Portugal, Isabel Ferreira. A reunión, que tivo lugar en Vila Nova de Cerveira e contou coa presenza do director da AECT, Uxío Benítez, o subdirector e tamén alcalde de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, servíu para presentar os obxectivos e prioridades da agrupación territorial, incluída a vontade de implementar un Innvestimento Territorial Integrado (ITI) transfronteirizo no marco da política de cohesión da UE.

Repasando o camiño emprendido, a nivel de accións, actividades e proxectos, o director da AECT de Rio Minho, Uxío Benítez, subliñou que, na lóxica do desenvolvemento integrado, "é esencial que para o período 2021-2027, os territorios transfronteirizos poidan aplicar a figura do Investimento Territorial Integrado (ITI) promovendo accións artelladas no seguinte período de programación de fondos comunitarios e non limitándose só á verticalidade da aplicación da posible nova xeración do programa INTERREG".

Segundo indicou Benítez, o Investimento Territorial Integrado (ITI) é un instrumento de xestión que permitirá optimizar e integrar fondos europeos garantindo o seu máximo aproveitamento. Para a súa implementación, lembrou o presidente do AECT, é necesario contar cunha serie de requisitos que o agrupamento cumple perfectamente, xa que "ademais de contar cunha situación xeoestratéxica e un enorme potencial de desenvolvemento económico do territorio, temos un documento estratéxico e unha folla de ruta co que queremos facer de aquí ao 2030".