
Os primeiros galardóns en coñecerse foron os da mel, con dúas categorías en base á súa procedencia. Así, a mellor mel multifloral de Galicia este ano foi a de Meles JS, seguida da mel O Cortizo e da de Ribeira do Deza. Entre as monoflorais, a medalla de ouro foi para O Testeiro, que estivo seguida no pódium por O trobo Mel do Valadouro e Mel do Saldoiro.
Xa pasando aos queixos, Don Cristanto fíxose co ouro da D.O. Tetilla, quedando a prata para Queinaga e o bronce para Terra de Melide. Entre os San Simón da Costa, Prestes anotouse o primeiro posto, seguido de Don Gabino e unha vez máis de Don Crisanto.
A denominación de Arzúa-Ulloa foi a que copou máis premios, cun podium composto por Arquesán, Terra de Melide e Meilán Sänchez e un ouro adicional para a súa versión curada, que se levou Arqueixal. En contrapartida, a menor representación de queixos da D.O: Cebreiro fixo que só se entregara unha medalla de ouro, que foi para Queixos Castelo.
O acto cerrouno o conselleiro de Medio Rural, José Vázquez, que aproveitou para reafirmar o compromiso do seu departamento por "potenciar, promocionar e situar a nosa excelente produción agrograndiera a nivel nacional e internacional", partindo da base de que Galicia ten que competir en calidade e non en cantidade.