Volve a música tradicional galega á V Foliada da Fonsagrada

Á presentación da V Foliada da Fonsagrada, que terá lugar este venres e sábado, un encontro xa asentado na comarca achegará á capital da montaña lucense a mellor música tradicional galega contou coa presenza da Deputada de Turismo e voceira socialista do Goberno provincial, Pilar García Porto, xunto ao Alcalde da Fonsagrada, Carlos López López, e membros da Asociación Cultural Petapouco e a Destempo.

García Porto destacou que a Deputación colabora co evento a través do Servizo Audiovisuais dándolle difusión. “Facémolo porque, ademais de dinamizar a vida social da Fonsagrada, aproveita a nosa riqueza musical para promocionar todo o patrimonio cultural, natural e gastronómico do municipio, e con elo dinamizar a actividade económica, sobre todo no sector servicios”, subliñou a Deputada.

O programa da Foliada inclúe os tradicionais cantos de taberna, obradoiros de baile tradicional, gaita, percusión e trompa, feira de artesanía e concertos, entre outras actividades.

Ademais, dende a asociación Petapouco e a Destempo cada ano lembran a un artista da zona dedicado ao mundo da música tradicional galega. Nesta ocasión, é Sergio da Veiga o músico homenaxeado.