Vigo colga o cartel de completo para a ponte da Constitución

Atopar habitación nun hotel de Vigo durante a tempada de Nadal estase convertendo en todo un reto. Esta pasada fin de semana os aloxamentos enchéronse ante a avalancha de visitantes que atraeron as luces da cidade. E todo parece indicar que a situación se repetirá durante a ponte da Constitución. 

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que o pasado sábado os hoteis rexistraron "cheo sen precedentes e de dimensións inimaxinables", cunha ocupación do 100%, algo que só adoita suceder na cidade con grandes eventos como Conxemar ou o Marisquiño. 

O rexedor asegura que a demanda de aloxamento para a ponte da Constitución está sendo tan elevada que beneficiará a toda a área metropolitana, chegando a 50 quilómetros á redonda. 

Paralelamente, Vigo tamén acolleu unhas xornadas da Spain Convention Bureau, un foro turístico que elexiu Vigo para debater sobre a eficacia das campañas de comunicación no sector.