
Ademais, manifestaron que dende a asociación entenden como necesaria a desestacionalización, así como unha aposta estratéxica polo turismo de calidade, sobre todo polo turismo cultural, gastronómico, e polo de congresos, que sinalan, é o que máis valor engadido aporta ao sector.
No encontro, os voceiros desta asociación que agrupa a máis dunha ducia de grandes hoteis, que representan aproximadamente o 40% das camas que hai en Santiago, expuxéronlle ao rexedor a vontade de colaboración co Concello para mellorar a situación no que se atopa o sector turístico.