Santiago celebra a secular ofrenda da Traslación

Como cada sábado 30 de decembro, Santiago celebrou a cerimonia da ofrenda da Traslación en recordo do traslado dos restos do Apóstolo Santiago dende o porto de Jaffa (Xerusalén) ata as costas galegas, onde foron desembarcados no peirao de Iria Flavia (Padrón) tras subir pola ría de Arousa e polo río Ulla.

Trátase dunha tradición que se remonta a 1109, cando o rei Alfonso VI realizou a primeira ofrenda da Traslación entregando unha ducia de talentos de ouro e outra de marcos de prata. En 1642, baixo o reinado de Felipe IV, esta cerimonia institucionalízase con carácter definitivo. Dende entón actúa como oferente o Rei ou un delegado rexio.

Este ano o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, exerceu como delegado rexio nun acto que incluiu un revista ás tropas na praza do Obradoiro e unha cerimonia relixiosa na ifresa de San Francisco, ademais dunha recepción no pazo de Raxoi.