Promo de Arousa Norte antes das badaladas para pechar o ano

A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte pechará o ano poñendo en valor o patrimonio cultural e paisaxístico da zona. Desde a entidade supramunicipal animan ao público a prestar atención aos minutos previos ás badaladas, momentos nos que a comarca do Barbanza entrará nos fogares de milleiros de galegas e galegos.

Desde Arousa Norte non desvelan os contidos desta promoción, co fin de sorprender á veciñanza e amosar ás galegas as riquezas do lugar no que vivimos, de xeito especial, neses minutos previos ao 
cambio de ano. 

Consideran que presenza previa ás badaladas é un exemplo das liñas de traballo do 2020, unha aposta por traballar no territorio cunha perspectiva comarcal coa que converter Arousa Norte nun destino diferenciado.

Quedan convocadas/os por tanto a gozar das paisaxes da comarca antes do cambio de ano e a presumir ante familiares e amigos dos bens paisaxísticos, patrimoniais e culturais cos que convivimos.