O Pinchorriño repartiu 70.000 tapas

O popular concurso de tapas do "Pinchorriño", organizado pola sociación comercial “ACIPOR, chegou a repartir ao redor de 70.000 tapas durante os fins de semana de novembro, consolidando o seu papel de acicate para a hostalería local na súa XIV edición. 

Paar achegar a este cálculo a patronal local contemplou que encargara a edición de 18.000 boletíns que se repartiron prácticamente todos. Xa que cada un deles leva os sellos de catro establecementos, a multiplicación é sinxela.

Durante todos os venres e sábados de novembro, entre as sete da tarde e as once da noite, un total de 36 establecementos ofreceron unha tapa gratuita con cada consumición, que irán dende clásicos como o rabo de touro estofado que elabora “Mesón Mondariz” ata opcións veganas como a tarta da horta que presenta o “Pantera” pasando por elaboracións moi creativas coma o mexilón sobre patacadèle do “Café Bar Adèle” ou o wrap de “El Ultramarino"

Por outra banda, na sede de ACIPOR e con asistencia do concelleiro de Comercio, Sergio Casal fixose o sorteo dos boletíns que resultarán premiados con catro cheques de compra por 100 euros no comercio local e unha cesta de productos delicatessen doada polo establecemento “El Ultramarino”.O vindeiro 16 de decembro coñeceránse os respectivos gañadores.