O Coprpiño e Santa Marta de Ribarteme van ser festas de interese turístico galego

A Romaría do Corpiño será distinguida como festa de interese turístico de Galicia. Con esta distinción honorífica, que debe ser referendada en Consello da Xunta, a administración autonómica valora a singularidade do santuario mariano da parroquia lalinense de Santa Baia de Losón. 

Á espera de que este trámite se oficialice, a proposta do Corpiño xa ten o visto e prace do Consello Galego de Turismo como paso previo a unha declaración que tamén terá a Romaría de Santa Marta de Ribartene (As Neves).

A do Corpiño é unha romaría relixiosa que se celebra do 23 ó 24 de xuño e que congrega a miles de devotos que pretenden librarse dos meigallos. A festa celébrase na contorna do santuario, ó redor dunha ampla carballeira rodeada polas casas da aldea do Corpiño. 

A Romaría de Santa Marta de Ribarteme celébrase o 29 de xullo na parroquia de San José de Ribarteme, en As Neves. O feito diferencial desta manifestación relixiosa é a procesión do0s cadaleitos, nos que van persoas ofrecidas á santa logo de terse curado dalgunha doenza importante.