O Congreso …E para comer, Lugo no Camiño, celebraráse 8 de febreiro de 2020

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) celebrará o vindeiro 8 de febreiro de 2020 o Congreso …E para comer, Lugo no Camiño, que se centrará na cultura gastronómica dos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo. O encontro terá lugar no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL). 

O programa contará coas seguintes actividades: 

09:45 h - 10:00 h Recepción e entrega de acreditacións 

10:00 h - 10:30 h Demostración e degustación de cafés: O café, a enerxía do Peregrino, a cargo de José Manuel Portela, de Candelas 

10:30 h - 10:45 h Presentación do acto 

10:45 h - 11:30 h Charla de David de Jorge, de Robin Food 

11:30 h - 12:30 h Mesa debate sobre a cultura gastronómica no Camiño de Santiago e a súa influencia no turismo 

12:30 h - 14:00 h Demostracións e elaboracións de receitas do Camiño a 8 mans. Cociñeiros da nosa provincia elaborarán tapas típicas dos distintos Camiños. 

17:00 h - 19:00 h Taller de catas O Camiño de Santiago en viños, impartido por Xoan Cannas 

En paralelo a celebración do Congreso realizarase un taller de cociña para nenos. 

XORNADAS …E PARA COMER, LUGO 

Como introdución ao Congreso, terán lugar as Xornadas …E para comer, Lugo no Camiño. Todos os establecementos asociados que queiran poderán realizar pratos, tapas e racións con receitas tradicionais da nosa gastronomía relacionadas co Camiño, como bertóns recheos, caldo galego, sopa de cabaza, caldo de castañas, empanadas, polbo, lamprea, lacón con grelos, filloas… Recibirán o nome específico de Menú …E para comer, Lugo no Camiño, Tapa …E para comer, Lugo no Camiño ou Ración …E para comer, Lugo no Camiño. 

Aqueles que queiran participar nesta iniciativa débense inscribir antes do vindeiro 31 de decembro desde a web apehl.org.