
Os Premios do Xurado foron os seguintes: mellor tapa creativa: El Cafetín de la Alameda co bocado ‘Mare Nostrum’; mellor tapa tradicional, Casa Román co bocado ‘Bacallau con coliflor’ e mellor cóctel, Bocarte con ‘Bocarte Sour Snow Version’ ex aequo con Casa Fernández (O Parvadas)‘Resacón no Parvadas’
Quedaron como segundos clasificados o restaurante Loaira coa tapa creativa ‘Ostra en escabeche lima-limón, escuma de escumoso galego, perlas cítricas e mazá’; Café Liceo coa tapa tradicional ‘A vieira mariñeiraámariñeira’ e Filamento co cóctel ‘Aperitivo no bosque’.
O Premio do Público, foi para ‘Mare Nostrum’ de El Cafetín de la Alameda. Acadou 13.331 puntos nas votacións. En segundo lugar o restaurante La Cámara coa tapa tradicional ‘Espetada de solombo de porco á mazá’ (con 4.634 puntos) e en terceiro lugar, a Casa Verdún coa tapa tradicional ‘Outra vaca no millo’ (con 4.447puntos).
Pontedetapas contou por segunda vez co patrocinio de Mahou, na aposta da cervexeira pola promoción da gastronomía, que outorgou un Premio á Mellor Maridaxe con Mahou. O gañador foi o restaurante Padal da Santiña, que maridou o seu ‘Planeta Ovo’ cunha Mahou Maestra. Os gañadores deste galardón poderán protagonizar un showcooking no Mercado de Sabores Mahou ou nun evento similar.
A Tapa gañadora será́ o bocado que competirá por Pontevedra no certame ‘De tapas por Galicia’, que promove Turismo de Galicia entre os gañadores dos concursos gastronómicos das sete cidades galegas máis grandes.