
A Feira do Viño do Ribeiro busca un cartel que faga alusión á D.O. Ribeiro e o seu #MovimientoRibeiro, termo que alude á renovación, ao rexurdir e á reinterpretación da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia. Tendo en conta que é unha D.O. con viños de calidade, de paisaxe e territorio. No concurso poderán participar profesionais de calquera nacionalidade, podendo presentar cada un deles unha única obra que terá que ser inédita.
A data de recepción dos proxectos estenderase ata o 31 de xaneiro de 2020. A selección do gañador do concurso farase na semana do 3 ao 7 de febreiro cun xurado experto, formado por profesionais do deseño e artes, momento no que se fará pública a imaxe e o seu creador.