Casa dos Xacobes e O Ferro, vencedores do Santiago (é)Tapas

Xa coñecemos os gañadores da XII edición do Santiago(é)Tapas e do I Santiago(é)Cóctel, que durante 15 días repartiu  máis de 30.000 tapas e 2.000 cócteles na capital de Galicia. 

Un concurso no que o primeiro premio é doble, xa que hai un galardón para a mellor tapa tradicional e outro para o mellor petisco creativo, que se levou no primeiro caso as "Manitas Crocantes" da Casa dos Xacobes e no segundo o "Criollo marino" de O Ferro. 

A tapa da Casa dos Xacobes, "Manitas crocantes", representará a Santiago no concurso De tapas por Galicia, organizado por Turismo de Santiago, xa que foi a que maior puntuación obtivo unha vez ponderados os votos do público e do xurado profesional.

No tocante aos cócteles, tamén houbo dobre premio. O "Expreso Martini" de A Carrilana conseguiu o premio ao mellor cóctel clásico, mentres que "A kind of magic" do Pub Atlántico se levou o galardón ao mellor cóctel creativo. 

Lista de premiados

- Premio ao cóctel clásico Santiago(é)Cóctel 2019, dotado cunha cocteleira, un diploma e 500 euros, para "Expreso Martini", de A Carrilana.

- Premio ao cóctel creativo Santiago(é)Cóctel 2019, dotado cunha cocteleira, un diploma e 500 euros, para "A kind of magic", de Pub Atlántico.

- Premio Maridaxe Mahou Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura, 500 euros en produto e un showcooking nun evento Mahou, para "Empanada líquida de bonito de Burela", de Lume.

- Premio Tapa do Público na categoría tradicional Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 700 euros, para "Manitas crocantes", de Casa dos Xacobes.

- Premio Tapa do Público na categoría creativa Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 700 euros, para "Lacón con grelos", de Artesana.

- Segundo Premio á Tapa Creativa Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 500 euros, para "Coci-Dillo", de Xuntanza.

- Segundo Premio á Tapa Tradicional Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 500 euros, para "Mexillón viaxeiro", de A Viaxe.

- Primeiro Premio á Tapa Creativa Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 1.000 euros, para "Criollo marino", de O Ferro.

- Primeiro Premio á Tapa Tradicional Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 1.000 euros, para "Manitas crocantes", de Casa dos Xacobes.