
En Tokio, a través das tendas gourmet dunha cadea de grandes almacéns, desfrutan de dito escumoso de calidade dende hai tres anos, pois marida perfectamente coa gastrononía xaponesa.
Na cidade de Nova Iork, o Brut 1953, con 9 meses en lías, está dispoñible nunha das tendas de referencia e reputación para o consumidor de viños americano, e tamén na súa venda online.
Ademais este Nadal, sae ó mercado o Brut Nature Terra de Asorei, sen azucre engadido e 18 meses en rima, do cal xa comezou a súa venda na República Checa.
A empresa familiar Adegas Terra de Asorei está presente en 18 países cos seus albariños Terra de Asorei, Nai e 1953 Pazo Torrado.