As adegas de Valdeorras reciben a acreditación das medallas conseguidas nas Catas HGg&T_18

As adegas da D.O. Valdeorras recibiron nas instalacións do Consello Regulador as medallas individualizadas que as acreditan como triunfadoras das catas HGg&T celebradas durante o ano 2018. Compartiu a mesa presidencial con Guillermo Campos, Director fundador da revista,  o alcalde de Vilamartín de Valdeorras, Enrique Álvarez Barreiro, o presidente do CRDO, José Luis García Pando, e CeciliaFernández, representando a Asociación Galega de Enólogos, membros “oficiais” dos paneis de Cata da revista, que acudiu con todo o seu equipo comercial, .

En concreto, 4 ouros, 7 pratas e 7 bronces para as 14 adegas convocadas a esta entrega de diplomas, que certifican que obtiveron algunha medalla de ouro, prata ou bronce nas catas do pasado ano, demostrando nunha aposta continua pola calidade: Terriña (Méndez Rojo), Roandi, Quinta da Peza, Rafael Palacios. Santa Marta, Joaquín Rebolledo, Virxen de Galir, Godeval, e Guitián y Blanco.

A cerimonia vén sendo a segunda parte, desenvolvemento, da Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia celebrada en Santiago de Compostela o pasado mes de outubro, na que foran proclamadas esas distincións. 

Naquela ocasión, fíxoselle entrega aos consellos reguladores e entidades asimilables representantes dos colectivos produtores, as certificacións acreditativas dos podios conseguidos polos seus representados. Agora toca entregar a distinción, individualmente, a cada empresa distinguida no ámbito dos viños, queixos, vermuts, conservas, cervexas, etc. 

En concreto, das comparativas celebradas en 2018, resultaron distinguidas no medalleiro HGg&T 25 marcas de cervexa, 22 vermús, 20 cavas e escumantes, 12 viños lusos (Verdes e Douros), 29 de Rías Baixas, 18 de Valdeorras, 25 de Ribeiro, 18 de Ribeira Sacra, 9 de Monterrei, 10 do Bierzo, 3 de Castela e León, 4 de Toro, 4 de Rueda, 22 de Rioja, 12 de Ribera del Duero e 9 marcas de conservas de peixe.