As adegas da D.O. Ribeira Sacra recollen os Premios HGg&T




As adegas da D.O. RIBEIRA SACRA recibiron nas instalacións do Consello Regulador as medallas individualizadas que as acreditan como triunfadoras das catas HGg&T celebradas durante o ano 2018. Compartiu a mesa presidencial con Guillermo Campos, Director fundador da revista -que convoca e publica as provas-, Marta Villén polo CRDO, e Luis Buitrón representando a Asociación Galega de Enólogos (AGE), membros “oficiais” dos paneis de Cata da revista, que acudiu con todo o seu equipo comercial.

Nas comparativas celebradas en 2018, resultaron distinguidas no medalleiro HGg&T 25 marcas de cervexa, 22 vermús, 20 cavas e escumantes, 12 viños lusos (Verdes e Douros), 29 de Rías Baixas, 18 de Valdeorras, 25 de Ribeiro, 18 de Ribeira Sacra, 9 de Monterrei, 10 do Bierzo, 3 de Castela e León, 4 de Toro, 4 de Rueda, 22 de Rioja, 12 de Ribera del Duero e 9 marcas de conservas de peixe. 

Entre as medallas correspondentes ao C..R.D.O. RIBEIRA SACRA, 4 ouros, 7 pratas e 7 bronces para as 14 adegas convocadas a esta entrega de diplomas, que certifican que obtiveron algunha medalla de ouro, prata ou bronce nas catas do pasado ano, demostrando unha aposta continua pola calidade: Chao do Couso, Adegas Cachín, Ronsel do Sil, Regina Viarum, Vía Romana, Abadía da Cova, Ponte da Boga, Casa Moreiras, Lar de Ricobao, Virxen dos Remedios, Val da Lenda, Finca Míllara, Ámedo, Alma das Donas, 

A cerimonia vén sendo a segunda parte, desenvolvemento, da Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia celebrada en Santiago de Compostela o pasado mes de outubro, na que foran proclamadas esas distincións. 

Naquela ocasión, fíxoselle entrega aos consellos reguladores e entidades asimilables representantes dos colectivos produtores, as certificacións acreditativas dos podios conseguidos polos seus representados. Agora toca entregar a distinción, individualmente, a cada empresa distinguida no ámbito dos viños, queixos, vermuts, conservas, cervexas, etc.