A hostalería empregou en Galicia o pasado ano 66.825 persoas

O sector hostaleiro en Galicia rexistrou o ano pasado máis de 21.000 establecementos, os cales empregaron a 66.825 persoas e cuxo 90,7 % corresponde ao subsector da restauración. Este conxunto empresarial pechou o ano na rexión cunha facturación de 4.768 millóns de euros, o que representa o 4,5 % da riqueza rexional. Son algunhas das cifras que se recollen no Anuario de Hostelería de España 2019, presentado por Hostelería de España. 

Na análise que ofrece este informe en relación á comunidade autónoma de Galicia, reflíctese que o número de establecementos hostaleiros evolucionou de forma diferente segundo a rama de actividade. Así, os establecementos de restauración reduciron o seu censo debido ao menor número de bares, cun incremento no resto (en total houbo 19.052 establecementos de restauración). Os establecementos de aloxamento, en cambio, seguiron incrementando de forma destacada (1.959 en 2018 fronte aos 1.776 de 2017). No balance dos últimos oito anos obsérvase un menor número de restaurantes e, especialmente, de bares. 

Na análise por provincias, en todas elas recuperouse a evolución positiva dos establecementos de restauración respecto ao ano anterior, excepto na Coruña onde volveron recortarse, aínda que no balance dos últimos oito anos o saldo continúa sendo negativo nas catro provincias. No aloxamento, en cambio, houbo un forte incremento en todas elas. 

Doutra banda, o informe revela que o emprego nos servizos de restauración aumentou, aínda que baixou á metade o ritmo de crecemento (un 5,1 % de aumento interanual fronte ao 10,9% do ano anterior). 

Pola súa parte, os prezos hostaleiros aumentaron a súa taxa interanual unha décima en 2018 (2,0 %), cunha evolución diferente nas dúas ramas de actividade. Así, en restauración repetiuse a taxa do ano anterior (1,8 %) e no aloxamento incrementouse 1,4 puntos (sendo de 3,4 %). 

Radiografía da hostalería en España