A campaña Fillo do Atlántico de Martín Códax dobre premio Pubicidade en Galego

Bodegas Martín Códax foi galardoada con dous Premios Publicidade en Galego, en prensa escrita e televisión, pola súa campaña Fillo do Atlántico, deseñada pola axencia &Rosàs. O presidente da cooperativa Xoán Allegue recibiu, esta mañá, os recoñecementos de mans da vicepresidenta segunda do Parlamento de Galicia, Eva Solla Fernández, e do presidente da Comisión de control da CRTVG, Aurelio Núñez Centeno.

“Con esta campaña, Bodegas Martín Códax, quixo -e quere- dar a coñecer o corazón da marca e fortalecer o seu posicionamento, para poder continuar abandeirando a gastronomía Atlántica. E fixémolo contando historias reais e humanas daquelas persoas que viven e vivimos por e para o Atlántico e que compartimos co noso albariño Martín Códax a influencia e forza do mar”, destacou Allegue.

En esencia, esta campaña quere romper co código de comunicación habitual entre as marcas de viños que soen ser campañas de produto e traballar nunha imaxe de marca que destaque os valores da coñecida cooperativa.

A campaña en prensa componse de cinco gráficas de estética coidada e vangardista. As gráficas de carácter diferencial rompen coa estética clásica das habituais campañas do mundo vitivinícola, nas que a presenza do produto é maior e recórrese con frecuencia a certos elementos visuais (uvas, copas, botellas…).

Con un aire claramente editorial, liñas puras e unha imaxe que tende a recordar máis a un reportaxe fotográfico, as cinco gráficas representan cinco personaxes de diversas profesións todos eles influenciados polo Atlántico. Así pois, encontrámonos con Ramiro, viticultor; Isidro Mariño, mariñeiro; Victoria Oubiña, mariscadora; Iván Domínguez, cociñeiro; e Joaquín Sanmiguel, percebeiro, todos eles xunto con Martín Códax, conforman a familia dos “Fillos do Allántico”.

As súas historias, vivencias e relación co Atlántico nárranse a través dun xogo pregunta/resposta que invita ao lector a formularse moitas de esas preguntas facéndolle partícipe da historia que eles contan. Todo isto mergúllanos na relación da marca coa orixe, o mar e o carácter diferencial que este aporta ao seu viño.

Por outra banda, a campaña en televisión está formada por dúas propostas audiovisuais conexas e independentes ao mesmo tempo. Un primeiro anuncio en formato de 60” e 30” no que a marca nos achega ao Atlántico, ás súas xentes, ás súas distintas facetas, e nos mergulla nun mundo de salinidade e esencia atlántica que debuxa os trazos do seu emblemático albariño.

Esta historia narrada en primeira persoa, achéganos a localizacións emblemáticas e representativas non só de Galicia e do seu Atlántico, senón que nos traslada a Cambados, a súa ría e aos característicos viñedos de mar que nutren de salinidade ás uvas da adega. Unha historia de orixe, de loanza e respecto polo que conforma esta marca: a súa terra, a súa xente, o seu mar…