Xornalistas especializados en enoturismo visitan o territorio de O Ribeiro

Celebrouse no Museo Etnolóxico de Ribadavia a recepción oficial de cinco xornalistas especializados en enoturismo a nivel nacional que visitan o territorio de O Ribeiro. O obxectivo desta acción é a visibilización e potenciación como destino enoturístico do territorio que abrangue tanto o Xeodestino O Ribeiro-Carballiño como a Ruta do Viño Ribeiro. 

A recepción contou coa asistencia do Presidente da Asociación Ruta do Viño do Ribeiro e do Consello Regulador da D.O. P. Ribeiro, Juan Manuel Casares, e varios alcaldes da comarca, representados por César Fernández, alcalde de Ribadavia.. 

Nesta acción cinco xornalistas especializados en enoturismo e gastronomía poderán coñecer todas as potencialidades do territorio así como disfrutar dos seus recursos naturais e enogastronómicos. Ana Belén Torivio (GastroStyle.com e a Revista Restauradores), Carmen Fernandez (Vinetur); Elvira Sánchez Nieto (Debodegasconlabrujaviri), Luis Eduardo Romero Ramons (Mi mundo del Vino) e Ernesto Gallud (Presidente de la Asociación Española de Periodistas y escritores del Vino e colaborador en Radio Intereconomía, Afuegolento.com e a Revista digital gastronomica) conforman a nómina de visitantes que estarán.... 

O obxectivo principal desta visita é potenciar o territorio do Ribeiro; revitalizar unha comarca vitivinícola histórica e potenciala coma destino enoturístico. Para iso poñerase en valor o territorio, a paisaxe, os recursos arquitectónicos culturais e outros coma o termalismo, utilizando o viño Ribeiro, a gastronomía e a riqueza da súa historia como fíos condutores. 

Segundo o presidente da Ruta do Viño do Ribeiro, Juan Manuel Casares, “Como adoito dicir O Ribeiro é moito máis que viño e isto é o que queremos visibilizar con esta visita. Paisaxe, natureza, cultura, historia, tradición e termalismo constitúen, xunto a calidade das nosas elaboracións, un tesouro a explotarmos de xeito sostible.” 

Pola súa parte, César Fernández, alcalde de Ribadavia “considero que esta é unha magnífica oportunidade para dar a coñecer o inmenso patrimonio natural e arquitectónico así como os importantes recursos endóxenos cos que conta Ribadavia e toda a comarca do Ribeiro.” 

Esta acción pon o final do programa de actividades que a Asociación Ruta do Viño do Ribeiro, só ou en colaboración con outras entidades (CRDO Ribeiro, Xeodestino O Ribeiro-Carballiño e a Deputación Provincial de Ourense), desenvolveu durante o ano 2019.