Volve novembro, volve o Pinchorriño

Esta fin de semana O Porriño inaugurou a XIV edición do seu popular Pinchorriño, ruta de tapas que representa un "acicate impresionante" para a hostalería da via. 

Durante todos os venres e sábados de novembro, entre as sete da tarde e as once da noite, un total de 36 establecementos ofrecerán unha tapa gratuita con cada consumición, que irán dende clásicos como o rabo de touro estofado que elabora “Mesón Mondariz” ata opcións veganas como a tarta da horta que presenta o “Pantera” pasando por elaboracións moi creativas coma o mexilón sobre patacadèle do “Café Bar Adèle” ou o wrap de “El Ultramarino". 

Os clientes que participen recibirán unha papeleta. Por cada catro consumicións selladas nos establecementos participantes poderán concurrir nun sorteo que este ano repartirá catro cheques compra no comercio local por importe de 100 euros cada un, e ademáis, como novidade, unha cesta de productos valorada en 150 euros.

Unha cita que segundo indicou Juana Pérez, presidenta da asociación de comerciantes porriñeses “ACIPOR”, supón un gran revulsivo para a hostalería da vila, "xerando un volume de ventas impresionantes nun mes que tradicionalmente era moi malo".