Un "Sugus de Outono" gaña o concurso de pinchos de Ourense

O bodegón Antiga Leitería conseguiu a victoria na XII edición do concurso de Pinchos Sabores de Ourense, impoñéndose nunha edición sobresaínte pola calidade e orixinalidade de moitas das 53 propostas  que saíron dos fogóns da cidade.
En concreto, conseguiron a victoria co seu "Sugus de Outono", unha lámina de castaña e pataca con ovo de paspallás, crema de boletos e chip de pilonga cunha forma que recordaba ao célebre caramelo.

Na segunda posición o xurado situou á creación de Glabistró "A Castaña e o seu Zurrón", un petit choux de boletos acompañado por uns espiños de patacas imitando o zurrón da castaña, con tenreira galega a lume lento e crema de boletos.

Pechando o podium estivo "A Feiriña" de Souto das Táboas, unha torrada de castaña con cacheira de boletos escabechados e touciño curado.

Estes foron os pinchos seleccionados polos xurados, dende a organización irase desvelando nos vindeiros días o palmarés completo, incluindo o mellor pincho celíacos, premio da APP e, como non, os mellores pinchos elixidos polo público cos seus votos.