
O Travel Destination Showcase, evento organizado pola publicación especializada Travel Weekly, acolleu a presentación da cidade por parte da xerenta do Consorcio, Lanzada Calatayud, ademais dun stand onde a delegación coruñesa tivo a oportunidade de explicarlle o destino a todos os presentes.
A maiores sorteouse entre os presentes unha viaxe á cidade de tres días e dúas noites no hotel Blue Coruña, quen tamén contou cun representante na presentación.
Esta acción, ao igual que a presenza na World Travel Market londiniense, encádrase dentro da estratexia de Turismo da Coruña de buscar chegar ao tecido profesional e viaxeiro británico.