O Grove sabe de centola e a centola do Grove sabe

O Grove é marisco e nestas datas manda o crustáceo decápodo,máis coñecido do país. Aberta a veda, están coas Xortnadas da Centola. Desta guisa, un grupo de xornalistas e bloguers asistimos a unha degustación deste arácnido de mar invitados polo organizador das xornadas, o hostaleiro meco Pablo Agrelo (Restaurante Don Mexilón).

Foi unha velada de disfrutrute palatial, promoción do territorio e aprendizaxe sobre o crustáceo a bordo dun dos barcos de Cruceros Rías Baixas que patronera Manolo Garrido, á sazón sobriño do hoteleiro Servando Garrido (Hotel Bosque Mar).

No barco gozamos de distintas elaboracións con centola, macho ou femia, que tanto ten por aquello da igualdade de xénero, ainda que (sin que sirva de precedente) os expertos din que neste caso ten máis sabor o macho. Os ofiantes nos fogóns foron os restaurantes Sal e Allo, El Rincón de Norat, Micael´s, La Posada e Don Mexilón.

Seis bocados armonizados con outros tantos vinos: arepas de centola con Lagar da Cachada; hot dog  (perrito caliente) de centola con Pazo das Barreiras; Falsa empanada de millo con centola e Segrel; nnemm de centola (bocado asíatico que semella un rollo de primavera), con Ceibe (godello); setas confitadas con centolla e Martín Códax; ensalada de centolla en vinagreta co espumoso Feitizo de Noite de Pablo Padín e, para finalizar, guiso de centola con Capitán Xurelo, un tinto Rías Baixas de Albamar.

Todo isto para presentar as Xornadas de Centolla de O Grove, en lamentable ausencia do alcalde, que non está nin se lle espera para estes asuntos (mágoa). 

As xornadas alongaranse ata o 9 de decembro na localidade meca. Os restaurantes para degustala e gozala palatialmente son os que seguen: A Solaina, Airiños, Cuceiro, Don Mexilón, El Rincón de Norat, Finisterre, La Posada, Lavandediro, O Curro, O Porto, Pan de Millo, Sal de Allo, Solaina, Abeiras, Amandi, Cons da Garda, Louxo, Maruxía, Norat e O Castro.