A cociña atlántica coruñesa en Saborea Lanzarote 2019

O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña participou no Festival Enogastronómico Saborea Lanzarote 2019 que celebrou a súa novena edición os días 23 e 24 de novembro na vila insular de Teguise.

Este ano, o festival contou na súa programación cun novo espazo adicado á "Cocina del Atlántico Medio". A Coruña estivo representada polo chef Iván Domínguez do restaurante Nado, un dos cociñeiros de referencia na cidade e gran embaixador da cociña atlántica coruñesa. O cociñeiro imparte ademais unha das súas charlas maxistrais na "Aula del Gusto"

A maiores, o restaurante Nado tivo un punto de venda na zona de expositores para que o público asistente poida degustar tapas que representan a cidade: "Fabes sin almejas", "Empanada de puntillas de calamar" e "Merluza a la gallega".

O Festival foise afianzando coma un dos maiores eventos gastronómicos das Illas Canarias e conta con varios destinos convidados dentro da rede de cidades gastronómicas Saborea España que amosarán a súa cociña e gran calidade dos seus produtos.